Dúo Vaguedades

Pouca xente sabe que Rosalía de Castro e Eduardo Pondal formaron un dúo musical, o Dúo Vaguedades, que acadou un gran éxito nas festas, foliadas e romarías do país. Até hoxe, non existían rexistros desta actividade, mais o achado dunhas gravacións e videoclips inéditos sacan por fin á luz este fito imprescindible da nosa cultura. Protagonizado por Isabel Risco e Fran Rei o espectáculo ofrece varios dos temas musicais da banda (cantados en rigoroso directo), mesturados con divertidos sketches e escenas cómicas sobre o noso xeito de ser, de falar e de relacionármonos entre nós mesmos/as e co resto da humanidade.

Elenco: Fran Rei e Isabel Risco

Dirección: Fran Rei e Isabel Risco

Xénero: teatro cómico

Duración: 60 min

Close
Close