ARTEFEITO
Artefeito S. Coop. Galega somos unha entidade de xestión cultural especializada en servizos de produción, creación e comunicación cultural. Somos novos/as como entidade, pero experimentados/as en canto ao perfil dos/as profesionais que compoñen a cooperativa e o seu entorno de persoas aliadas.
Contamos coa fortuna de dispoñer dun equipo de persoas especializadas nas diferentes áreas da xestión cultural con moitos anos de experiencia en ámbitos como as artes escénicas, a música, a comunicación, a produción de eventos e a creación e coordinación de proxectos.
Desde o noso nacemento levamos participado en festivais como Brión Inclúe (festival de artes inclusivas), Terra Máxica (festival de maxia); en programacións e proxectos como Cidade de Libro (literatura); producindo eventos como o festival Cores de Outono, Sanxenxo Verán ou dentro das Festas do Apostolo en Santiago; xestionando a Aula de Teatro do Concello de Teo.
Ademáis, no eido escénico lcreamos e producimos espectáculos como Dúo Vaguedades, Superheroe, Comando Comadres, Circando ou Algunhas Cousas de Castelao.
Artefeito é unha entidade ligada ao proxecto común de Culturactiva, un grupo de pequenas empresas cooperativas que funciona en rede de forma colaborativa, complementando na xestión cultural, a venda, a produción, a comunicación e administración de proxectos culturais tanto dentro como fóra de Galicia, acompañando a máis de 100 artistas de diferentes xeografías, estilos e linguaxes.