Soños
Un espectáculo divertido cunha gran forza social. Unha ficción moi realista que nace do contacto directo entre o autor e a directora coa mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario.


Dúo Vaguedades
Até hoxe, non existían rexistros desta actividade.Máis o achado dunhas gravacións e videoclips inéditos sacan por fin á luz este fito imprescindible da nosa cultura.
Dous no Camiño
Un divertido e sinxelo achegamento ás lendas xacobeas, facendo especial fincapé nas raíces galegas das mesmas.


Superheroe
En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar á humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon cueiros. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos.
O conto de Barrigaverde
Fran Rei presenta un novo espectáculo unipersoal que mestura narración oral, humor e maxia: O conto de Barriga Verde. Escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela), O conto de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense.


A historia de Brancaflor
Nesta montaxe achegámonos á lenda popular de Brancaflor, a filla do Demo, a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma Contos marabillosos. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza.