Hamelin

Todos e todas coñecemos a popular historia que aconteceu hai moito tempo na vila alemá de Hamelin, na que un frautista secuestrou os nenos e nenas da vila en castigo por un engano. Segundo nos contaron sempre, os rapaces e rapazas da vila seguiron o músico hipnotizados/as polo doce son da súa frauta. Así foi como sempre nola contaron, pero… Todos os nenos e nenas foron detrás do frautista? Non. Unha nena non sucumbiu ante a música e logrou salvar as crianzas da vila. Que facía tan especial a esta nena? Que era xorda.

Fran Rei presenta o seu novo espectáculo unipersoal en colaboración con Carmen Conde e dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias. Nesta montaxe, Fran Rei mestura narración oral, maxia, un chisco de música, unhas faíscas de lingua de signos e moito humor na súa particular revisión da popular lenda alemá do frautista de Hamelin.

Elenco: Fran Rei

Idea e dramaturxia: Avelino González 

Dirección: Carmen Conde

Asesora LSE: Ruth Lovera

Monicreque: Marga Portomeñe

Duración: 50 min

Ilustración O Flautista de Hamelin

Close
Close