Un veciño normal

Un veciño normal é unha peza teatral na que Manolo e Carme falan directamente co público, converténdoo na sociedade coa que conviven a diario. A través das súas palabras e situacións cotiás, a obra cuestiona o concepto de normalidade e a nosa capacidade para ver, escoitar e reaccionar ante a violencia, especialmente a exercida contra as mulleres.

Sen ofrecer respostas pechadas, o espectáculo busca xerar inquedanza e reflexión sobre a cegueira e a xordeira sociais, o impacto da manipulación informativa e das redes, e o machismo estrutural que atravesa a sociedade. Todo isto constrúese nun espazo escénico simbólico, onde o que se oculta permanece na sombra e o público é interpelado a revisar a súa propia responsabilidade fronte á inxustiza.

Autora: Paula Carballeira
Directora: Sara Rey
Elenco: Corina Mañá e Fran Rei

Duración: 60 mins
Público: A partir de 14 anos

Close
Close