Circando

Circando parte da idea dos circos en ruta para ofrecernos unha proposta de variedades única. Abrindo esta dinámica a todas as disciplinas, como sempre foi norma no mundo circense, unimos as rutinas e números máis destacados do momento nunha velada única chea de circo, clown, maxia e humor.

Coa condución dos nosos pallasos modernos pasamos polas acrobacias, polos malabares e pola ilusión pero, sobre todo, polo humor nunha proposta cómica para toda a familia que vai facer rir ás máis pequenas e as máis maiores de cada casa.

Close
Close