Espectáculos

Unha reflexión necesaria sobre a violencia machista no fogar e a responsabilidade da sociedade

Un veciño normal

Esta obra pon sobre o escenario a violencia en xeral e contra as mulleres en particular, o concepto de normalidade, o impacto das redes sociais e o machismo como mal endémico da sociedade na que vivimos.

 

Narración oral, maxia, un chisco de música, lingua de signos e moito humor nesta particular revisión da lenda

Hamelin

Hamelin revisita a lenda alemá do frautista cunha mirada inclusiva e chea de humor para falar de diversidade, responsabilidade colectiva e do valor de non xulgar polas discapacidades.

A PRIMEIRA OBRA TEATRAL GALEGA QUE TRATA A SITUACIÓN DA MOCIDADE TUTELADA DE XEITO INTEGRAL.

Soños

Un espectáculo divertido cunha gran forza social. Unha ficción moi realista que nace do contacto directo entre o autor e a directora coa mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario.

 

POUCA XENTE SABE QUE ROSALÍA DE CASTRO E EDUARDO PONDAL FORMARON UN DÚO MUSICAL

Dúo Vaguedades

Até hoxe, non existían rexistros desta actividade.Máis o achado dunhas gravacións e videoclips inéditos sacan por fin á luz este fito imprescindible da nosa cultura. 

coñeces as lendas xacobeas?

Dous no Camiño

Un divertido e sinxelo achegamento ás lendas xacobeas, facendo especial fincapé nas raíces galegas das mesmas.

UNHA AVENTURA DOS RETOS DA CONCILIACIÓN

Superheroe

En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar á humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon cueiros. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos.

NARRACIÓN ORAL, HUMOR E MAXIA

O conto de Barrigaverde

Fran Rei presenta un novo espectáculo unipersoal que mestura narración oral, humor e maxia: O conto de Barriga Verde. Escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (Barriga VerdeOs soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela), O conto de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense.

LENDAS E HISTORIAS DE AMOR

A historia de Brancaflor

Nesta montaxe achegámonos á lenda popular de Brancaflor, a filla do Demo, a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma Contos marabillosos. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza.

circo, clown, maxia e humor

Circando

Coa condución dos nosos pallasos modernos pasamos polas acrobacias, polos malabares e pola ilusión pero, sobre todo, polo humor nunha proposta cómica para toda a familia que vai facer rir ás máis pequenas e as máis maiores de cada casa.

 

Gala de danza, música e humor

Cirqueiras

Cirqueiras é unha incrible gala multidisciplinar con varias das mellores artistas galegas do momento.

teatro, música e maxia a prol da lingua

Tirando pola lingua

Tirando pola Lingua é unha festa a prol do galego que mestura teatro, maxia e música para tirarvos da lingua, da nosa lingua. Tirando da Lingua para falarmos sen medo, falarmos sen parar, falarmos en galego, falarmos por falar.

Close
Close